Club Natación Galaico

Traducir Páxina

English French

Cto. Galego Infantil

Cartel

Cto.Galego Máster

Cartel

Cto.España Jóvenes

Cartel

Entidades Colaboradoras

Establecementos recomendados

Institucións Oficiais

XXVIII CTO. ESPAÑA CCAA EN MADRID PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 04 Febreiro 2012 14:06
Dúas nadadoras do C.N.Galaico foron convocadas pola FEGAN para participar este fin de semana (3, 4 e 5 de Febreiro) no Campionato de España por Comunidades Autónomas Absoluto e Júnior que se celebra na piscina do  M.86 de Madrid. As nadadoras son Beatriz Gómez, que nadará as probas de 200 Libres, 200 Braza, 200 Estilos e 400 Estilos e Nerea Rodiño, que participará na proba de 50 Costas. Ademais ambas as nadadoras formarán parte dos  equipos de relevos.

Máis información...


 
CTO. GALEGO DE RUTINAS COMBINADAS DE NIVEL PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xaneiro 2012 19:13
Preme na imaxe para ampliar...
O vindeiro sábado día 4, ás 17:00 horas terá lugar na nosa piscina o CAMPIONATO GALEGO de rutinas libres combinadas de nivel, modalidade que goza de gran vistosidade dado que aglutina os diferentes tipos de rutina (só, duo...). Nela participarán representantes de toda Galicia. Ademais do Club Galaico Sincro participará o Sincro Ferrol, Sincro Orense, o Sincro Pontevedra e o RCN de Vigo. As participantes sono das tres categorías: alevín, infantil e xuvenil.
Esperamos que sexa do voso interese e contamos coa vosa asistencia, na primeira competición que organizamos na presente tempada.


 
RESUMO LIGA INFANTIL XOR II PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 21 Xaneiro 2012 09:05

O pasado sábado 28 o Club Natación Galaico participou como organizador da 2ª xornada da liga galega infantil de natación que se celebrou no Complexo Deportivo Rías do Sur. Nesta competición participaron 4 clubs do grupo zonal: CN Galaico, CN Sanxenxo, CN Pavillón Orense e CN Monforte de Lemos con nenos nacidos entre 1998 e 1996 e nenas nacidas entre 1999 e 1998 que poden nadar un máximo de 2 probas individuais e unha relevos. As probas que se disputaron foron as seguintes: 200 Estilos, 50 Libres, 200 Bolboreta, 200 Costas e relevos 4x100 Libres.
Ler máis...
 
CATALUÑA OPEN DE NATACIÓN PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Xaneiro 2012 07:38

No Campionato de Cataluña Open de Natación celebrado en Tarrasa (Barcelona) os días 20, 21 e 22 de xaneiro, a nosa nadadora Beatriz Gómez estableceu dous novos Récords Galegos Absolutos en piscina de 50 metros.Nos 400 m libre cun tempo de 4:14,74 e nos 100 m libre cun tempo de 0:57,04.

Unha vez máis, as nosas felicitacións Bea...


 
AVISO IMPOTANTE NATACIÓN PROMESAS PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Xaneiro 2012 18:14

Estimados pais, pómonos en contactos convosco, para comunicarvos que debido a problemas técnicos, suspéndese a 2ª Xornada Promesas do 28/01/2012. Informarémoslles da próxima data da convocatoria.

Atentamente: A Xunta Directiva do C.N. Galaico


 
RESUMO DA LIGA ALEVIN XOR III PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Xaneiro 2012 18:23

O C.N.Galacio desprazouse a Lugo (piscina de Frigsa) o pasado sábado 21 para disputar a 3ª Xornada da Liga galega de natación Alevín.O club trasladou a terras lucenses a 23 nadadores/as para a disputa das probas individuais de 200 Braza e 100 estilos, ademais dos relevos  4x50 Braza.Os nadadores/as cumpriron as expectativas alcanzando boas marcas, que permitirán, á espera dos resultados oficiais, seguir optando ao triunfo final na liga.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 21
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack