|
RESUMO DA LIGA INFANTIL XOR IV |
|
|
|
|
Martes, 15 Maio 2012 17:15 |
O pasado sábado 12 de Maio celebrouse no C.D. Rías do Sur, a 4ª e última xornada da Liga Galega Infantil, na que se nadaron as seguintes probas: 400 Est, 100B, 200L e os relevos 4x100 Est, participaron os seguintes nadadores: Ana Abal, Alicia Conde, Paula Goyanes, Rebeca Couceiro, Ana Pérez, Diana Malvido, Elena Seoane, Lara Gómez, Lucía González, Rosalía García, Raúl Estévez, Angel Muñiz, Abraham González, Alex Vilariño, Oliver Branco, Juan González, Oscar Guimeráns, Miguel Gallego, André González e Tomás Bouzas. Os nosos nadadores/as demostraron atoparse nun bo estado de forma a pesar da dureza dos adestramentos neste momento da tempada, rebaixando moitos deles rebaxaron as súas mellores marcas marcas persoais. O C.N.Galaico lidera a Liga Galega desde a pasada xornada cun total de 971,5 puntos, seguido de cerca polo C.N.Coruña con 909 puntos e o C.N.Ferrol-Elinco con 822.5 puntos.
|
|
V OPEN ESCOLAR DE NATACIÓN EN VIGO |
|
|
|
|
Domingo, 13 Maio 2012 08:57 |
O pasado sábado día 12 de Maio, disputouse en Vigo o Open Escolar de natación na súa V edición. Como en anos anteriores o evento estivo organizado polo C.N.Galaico e o C.N.Rías Baixas. As probas que se nadaron foron 25 libre, 25 espalda e os relevos 4x25 libre. Este evento que fomenta a natación de base, xa un clásico na cidade, é apoiado e moi valorado polas institucións, que son conscientes da importancia do deporte nos nenos/as en idade escolar. Un total de 75 futuros deportistas non federados representaron a 10 colexios de Vigo e os seus arredores, moitos deles participaron en todas as edicións. O graderío estivo completo por parte de pais e familiares que disfrutaron cos nen@s nun deporte tan complicado como é a natación. Para a entregada entrega de medallas,trofeos e diplomas, o evento contou coa presenza do alcalde de Vigo D.Abel Caballero e o concelleiro de deportes D. Manel Fernández, aos cales agradecémoslles a súa presenza e interese polo evento. Na parte organizativa todo saíu ben, non sería posible sen a colaboración dos pais e nais que demostraron unha vez máis o implicados e comprometidos que están co club, o cal é unha garantía de futuro. Destacar tamén aos nadador@s do o noso club que colaboraron nas funcións de socorrismo e outras tarefas tamén importantes, algo moi necesario xa que houbo nen@s que necesitaron axuda para completar os 25 metros das probas. O C.N.Galaico e o C.N. Rías Baixas danvos as grazas pola vosa axuda.
Parabéns, vémonos na VI edición...
Máis información...
|
|
RESUMO DA 6ª XORNADA BENXAMIN, 4ª XORNADA PROMESAS E TROFEO AMIZADE. |
|
|
|
|
Luns, 23 Abril 2012 17:21 |
|
O pasado sábado 21 de abril, os benxamins desprazáronse a Lugo para participar na 6ª e última xornada de liga. Os nadadores/as deixaron moi boa impresión nas probas que se disputaron, 200 Estilos e 100 Bolboreta, con moi boas marcas e con moi poucas descualificacións para unhas probas cunha dificultade técnica alta. Tamén o sábado celebrouse a 4ª Xornada do Trofeo Pinturas Alborada-Liga Promesas na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, onde os nadadores/as do C.N. Rías Baixas, nadaron 25 Bolboreta e 50 Costas. O domingo 22 de abril, o C.N. Galaico tivo dous desprazamentos. Un deles a Ponteareas, para participar no XIII Trofeo Amizade, no que participaron un total de 256 nadadores/as pertencentes a 14 clubs. O C.N. Galaico participou no evento deportivo cun total de 32 nadadores/as pertencentes ás categorías Absoluta e Alevín. A pesar de non participar ningún nadador/a de categoría infantil debido á celebración paralelamente da 3ª xornada da liga infantil en Vilagarcía, o C.N. Galaico obtivo un meritorio 2º posto na clasificación xeral do trofeo detrás da Agrupación Deportiva Liceo.
Hai que destacar unha vez máis, a colaboración por parte dos pais e nais nas tarefas de organización das competicións.
|
|