CN Galaico Sercoysa

Patrocinador Oficial

Cartel

Enlace páxina Waterpolo

Cartel

Información

Cartel

Entidades Colaboradoras

Institucións Oficiais

Establecementos recomendados

Axencia de Viaxes

Cartel

Páxina Subvencionada pola

Cartel
XENIA VILARIÑO DISPUTASE AS MEDALLAS NA ÚLTIMA XORNADA DA COPA DE EUROPA DE AUGAS ABERTAS EN HOORN-HOLANDA PDF Imprimir Correo-e

Logo de disputar dúas xornadas da Copa de Europa de Augas Abertas, Xenia Vilariño intentará subir ao podium na xornada final da competición no seu primeiro ano de preparación de longas distancias. No seu debut o pasado 7 de xuño en San Felipe Circeo -Italia a nadadora do Galaico-Sercoysa disputou en Kocaeli -Turquía a seguinte etapa da Copa de Europa de Augas abertas. Na competición trasalpina Xenia conseguiu un meritorio 4º posto que sumado ao 6º alcanzado en Turquía outórganlle un total de 26 puntos que lle colocan na 2ª posición á espera de disputar a 4ª e última xornada na que terá que nadar a proba olímpica de 10.000 metros en Holanda . Co primeiro posto definido a favor da húngara Eva Risztov, a loita centrarase entre a pontevedresa e as súas perseguidoras na clasificación provisional, a alemá Isabell Donath, con 25 puntos, as inglesas Keri-Anne Payne, con 20 puntos e Cassandra Patten, con 17, a francesa Ophelie Aspord, con 15 e a italiana Alice Franco, tamén con 15 puntos. Se estar na final pódese considerar todo un éxito de Xenia nesta disciplina, logo das súas participacións en Italia, no nacional de Castelldefels e en Turquia, máis aínda sería o premio se como esperamos clasifícase entre as tres primeiras na tempada, nada menos que aseguraríase a súa participación na Copa do Mundo o próximo ano. Ademais Xenia participou no Absoluto nacional de piscina en Barcelona conseguindo entrar nas finais A de 400 e 800 libres e revalidando o título de subcampioa de España na súa proba favorita, os 1.500 metros libres onde ademais de conseguir a medalla de prata bateu os rexistros absolutos galegos da distancia cun tempo de 16:43.75, quedándose a só 3 segundos da mínima europea . Con esta participación finalizará a tempada a nivel internacional debendo pór o broche final na clásica baixada do río Navia, competición que servirá de despedida do combinado nacional de Augas Abertas participando tamén na Copa de Asturias os días 8 e 9 de agosto, para despois tomar parte nalgunha das probas do circuíto galego de longa distancia comezando o próximo día 7 na praia de Silgar-Sanxenxo proba que organiza o Galaico-Sercoysa en colaboración co Concello de Sanxenxo.

Desexámoste o mellor, merécelo....



 
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack