CN Galaico Sercoysa

Patrocinador Oficial

Cartel

Enlace páxina Waterpolo

Cartel

Información

Cartel

Entidades Colaboradoras

Institucións Oficiais

Establecementos recomendados

Axencia de Viaxes

Cartel

Páxina Subvencionada pola

Cartel
OPEN GALEGO MÁSTER DE VERÁN PDF Imprimir Correo-e

.............

O C.N. Natación Galaico-Sercoysa Máster, conseguiu un total de 43 medallas , varias de elas de ouro, no Campionato Galego Open de Verán celebrado o pasado domingo 20 en Ponteareas, coa participación dos mellores clubs Galegos e contando tamén coa asistencia dos nosos veciños portugueses. O equipo masculino integrado por Roberto Bermúdez de Castro , Francisco Becerra, Luis González Antón, Antonio López, Juan José Agulla e Manuel Rodríguez, acadou un merecidísimo sexto posto, mentras que o equipo feminino con tan so oito nadadoras : Ángela González Prieto, Guadalupe Pérez, Julia Bartolomé, Delfina González, Nuria Mutilba, Luisa García , Gema Sánchez e Alda Diz acadou un importantísimo terceiro posto ,a pesar das inxustas descalificacións das remudas das máis veteranas. O equipo Master ten aberta a súa porta a todos e todas as nadadoras que desexen participar na próxima Liga Galega Máster e nos campionatos galegos e de España que se celebrarán a partires do mes de setembro.
 
Resultados aquí...




 
A SECCIÓN MÁSTER DO GALAICO NA ELITE DA NATACIÓN GALEGA PDF Imprimir Correo-e

No Open de Natación Máster de Verán, celebrado este domingo 14 de xuño nas piscinas de Campolongo coa participación de 18 clubs galegos, o C.N. Galaico Sercoysa , nunha épica xornada, conseguiu 35 metais ( 5 deles de ouro), a pesar da avanzada idade dalgúns dos participantes.O equipo feminino, con só seis nadadoras ( Angela Rodríguez, Guadalupe Pérez, Marta González, Luisa García, Julia Bartolomeu e Alda Diz), conseguiu un meritorio cuarto posto, mentres que o equipo masculino, cun nadador máis (Manuel Martín, Luís González, Antonio López, Miguel López, Roberto Bermúdez, Domingo González e Francisco Becerra), seguíanas de cerca cun importantísimo quinto posto, alzándose na clasificación conxunta definitiva co cuarto posto, por diante de equipos tan coñecidos como o Club Natación Vigo , o Fluvial de Lugo ou o Coruña-Banco Galego.

 


 
CALENDARIO MÁSTER 2009 - 2010 PDF Imprimir Correo-e

 

..............Calendario Máster da Tempada 2009 - 2010 Acceder....

 
RESULTADOS MÁSTER 09-10 PDF Imprimir Correo-e


...........Resultados e Clasificacións Ver...



 


 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack